FLL Jr.

O maior desafío de ciencia e tecnoloxía do mundo agora para os máis cativos

¡A Universidade da Coruña organiza a FIRST LEGO League Jr. en Galicia!

Que é?

FLL Jr. é un desafío dirixido a nenos de 6 a 9 anos centrado na promoción do interese pola ciencia e a tecnoloxía.

É un programa práctico deseñado para captar a curiosidade dos participantes e dirixila cara ó descubrimento das posibilidades de mellorar ó mundo que lles rodea.

Como funciona?

Por equipos de 2 a 6 participantes:

  1. Constrúen unha maqueta LEGO.
  2. Fan un póster ilustrativo onde ensinan o que aprenderon.
  3. Traballan os valores fundamentais da FLL Jr.

Desafío FLL Jr., Aqua Adventure

No desafío Aqua Aventure os equipos poderán investigar sobre o ciclo humano da auga. Canto sabes sobre este tema?

Únete aos equipos FLL Jr. en Aqua Adventure e aprende una morea de cousas sobre o ciclo humano da auga!

FIRST LEGO League Junior (FLL) presenta un novo e emocionante desafío para fomentar a creatividade dos máis novos. Mentres exploran sobre a problemática real, os equipos aprenden sobre máquinas simples construíndo un modelo de elementos LEGO® cunha parte motorizada. Tamén aprenderán a presentar a información a través dun póster ilustrativo.

Durante esta experiencia, os equipos guiaranse polos valores FLL, celebrando o descubrimento, o traballo en equipo e a cortesía profesional.