FIRST LEGO League

O maior desafío de robótica educativa do mundo crece no teu territorio:

¡A Universidade da Coruña organiza a
FIRST LEGO League en Galicia!

Que é?

FIRST LEGO League é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía entre mozos de 10 a 16 anos, a través dun desafío que os equipos deben resolver.

Como funciona?

Por equipos participantes:

  1. Realizan un proxecto científico.
  2. Participan na Competición de Robots con LEGO MINDSTORMS.
  3. Comparten todo o que aprenderon.

O desafío desta edición, Animal Allies!

No desafío Animal Allies os equipos FIRST LEGO LEague poñeranse na pel dos animais. Que podemos conseguir cando nos axudamos os uns ós outros?

Únente ós equipos FIRST nun Animal Allies e descubre o mundo dos animais!

Máis de 285.000 mozos de entre 10 e 16 años de máis de 80 países nos ensinarán ós adultos que necesitan aprender e de que maneira queren aprender.

A FIRST LEGO League Galicia terá lugar o 18 de febreiro de 2017 no Auditorio de Ferrol.